“A ditadura franquista” – José Manuel Pena

  • Print

 

 

 

 

Barbanza

Non chego a comprender como esperta indignación e malestar en certos sectores políticos e sociais, cando se trata de conmemorar o aniversario da morte do ditador, Francisco Franco ou o medio século de traxectoria democrática en España.

Hai certas preguntas que aínda parecen tabú e difíciles de responder para certas formacións políticas da dereita e extrema dereita en España.

Franco, foi un ditador…?, si.

Durante a ditadura militar houbo miles de asasinatos políticos…?, si.

É necesaria a Memoria Histórica para saber e recoñecer aos inocentes asasinados vilmente, polo réxime franquista…?, si.

A ditadura franquista foi nefasta para España e os españois…?, si.

Os herdeiros do franquismo terían que pedir perdón aos familiares dos asasinados, polos seus ideais…?, si.

Hai que entender, como delito de odio, o aplaudir as atrocidades cometidas polo réxime franquista…?, si.

O que é necesario e moi conveniente é facilitar información aos máis novos do que supuxo para España, as catro décadas de corrupción, asasinatos, falta de liberdades, exilios e privilexios duns poucos, á conta da maioría de cidadáns que o único que poderían facer era malvivir, durante un longo período escuro da nosa historia máis recente.

Moitos queremos seguir chamando ás cousas polo seu nome e non consentimos que un grupo de fascistas e franquistas amargados queiran recuperar eses tempos escuros e sanguentos. Lembremos que aínda, a día de hoxe, hai miles de asasinados en fosas comúns e nas cunetas de moitos dos nosos pobos e cidades.