“O Sol e Lúa danlle bicos ao mar”

  • Print

 

 

 

Antón Luaces

10 Agosto 2026
 

Galicia recibirá, mediante a cobertura completa pola Lúa da superficie solar o vindeiro 12 de agosto, data na que unha eclipse solar total vai percorrer Groenlandia, Islandia, o norte de Rusia, o Océano Atlántico, España e un pequeno curruncho de Portugal.

Dentro da súa banda de totalidade, onde o satélite da Terra vai facer unha cobertura completa da superficie solar, atópase Galicia, que dará a benvida á eclipse en Europa.

Moitos outros lugares do hemisferio norte vivirán un fenómeno parcial ese mesmo día: o norte de USA -desde Alaska ata Carolina do Norte-, a maior parte de Canadá e Europa e o noroeste de África.

O que se poderá ver durante a eclipse solar dependerá das condicións meteorolóxicas -sobre todo a nubosidade- e do lugar dende o que se mire. Con todo, existen etapas distintas do fenómeno; en total seis, segundo os datos facilitados polo servizo de información da Universidade de Vigo, unha eclipse parcial, franxas de sombra, as coñecidas como pólas de Baily -puntos de luz que brillan arredor do borde da Lúa a medida que pasa diante do Sol-, o anel de diamantes – cando as pérolas comezan a desaparecer e só queda finalmente un punto brillante ao longo do borde da Lúa, e finalmente a chegada da totalidade coa súa coroa solar. A importancia recae tamén sobre a seguridade dos individuos a causa  da perigosidade de miar directamente ao Sol, xa que pode producir unha queimadura na retina con efectos irreversíbeis. Por iso débense empregar lentes de eclipse baixo a normativa internacional ISO 12912-2, após durante a breve fase total dunha eclipse solar total, que en Galicia durará un máximo dun minuto e 47 segundos en  Mañón, provincia da Coruña. No caso de estar estes lentes perforados ou danados, débese desbotar o dispositivo. 

Para observar a eclipse desde unha cámara, prismáticos ou telescopio, debe empregarse un filtro solar especial para ese propósito que estea suxeito de xeito seguro sobre a parte frontal do dispositivo óptico. E aínda así non se debe ollar a través da lente mentres se usan os anteollos xa que os raios solares concentrados atravesarán e queimarán o filtro , entrarán nos ollos e causarán lesións graves.

En caso de non dispoñer de lentes para eclipse , pódense empregar métodos de observación indirectos: o uso dunha caixa estenoféica, por exemplo, creará unha imaxe do Sol en calquera superficie onde se poda ver a secuencia  dunha eclipse solar.