La CIAIM responsabiliza ao patrón do “Villa de “Pitanxo” do afundimento deste buque

  • Print

Antón Luaces

03 Maio 2025

Antón Luaces.- Un último informe de dous membros da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) ratifica a responsabilidade de Juan Padín, patrón do pesqueiro de Marín, no afundimento en augas de Terranova do “Villa de Pitanxo”: unha manobra temeraria causou a parada de máquinas, o que motivou o afundimento do barco.

O naufraxio do pesqueiro de Marín producíuse o 15 de xaneiro de 2022. O último informe sobre esta traxedia recolle que o patrón do arrastreiro mentiu cando declarou que se fora a pique a causa da parada de súpeto do motor. Pola contra, os peritos da CIAIM coidan que a manobra “temeraria” do capitán foi a causante de que parara  máquinas e que o arrastreiro afundira.

Tres anos dempois do suceso, diversos medios de comunicación cadran na apreciación de que foi a manobra ordenada polo patrón a que fixo que o “Villa de Pitanxo” accedera a unha zona na que decote quedaban enganchados os aparellos, xa no límite do radio de acción dos medios aéreos e a 5 horas de navegación dos barcos máis próximos, un deles o “Playa de Menduiña”.

O arrastraeiro marinense , con 24 mariñeiros a bordo dos que só 3 sobreviviron (o patrón, Juan Padín; o sobriño deste, Eduardo Rial, e o mariñeiro ghanés Samuel Kwesi, citados os tres coma testemuñas. A declaración do mariñeiro africano contradicía a dos outros dous sobreviventes, dando paso á investigación aberta e, con esta, á gravación do pecio (unhas 30 horas) a unha profundidade de 750 metros. Nestas imaxes non figura ningunha relativa aos 17 tripulantes desaparecidos.