“Francia súmase aos países comunitarios receptores de migrantes por mar en Europa”

  • Print

 

 

 

Antón Luaces

12 Maio 2025

Francia é un país marítimo receptor de migrantes na Unión Europea,  xunta España, Italia, Portugal e Grecia. Tamén o é, malia non pertencer xa á UE, o Reino Unido. A inmensa maioría dos migrantes chegan ás costas europeas a bordo de fráxiles embarcacións supostamente dispostas para realizar a perigosa travesía durante días desde o norte de África e os países do Sahel ata o sur de Portugal, España, Italia, Grecia e o leste de Francia. Con moita diferencia sobre os outros citados, España e Italia son as nacións que marcan a pauta a seguir, se ben é certo que non son o destino final, a Estación Termini, dos migrantes moitas veces procedentes de Asia e, obviamente, norte, centro e África central, amáis da África atlántica, que percuran Francia en primeira instancia para, posteriormente, pasar a Inglaterra.

Máis nos últimos tempos,  Francia está a ser obxectivo principal ben como destino definitivo ou paso intermedio cara a Gran Bretaña . Proba delo é a  morte, na noite do domingo, 11,  ao luns, 12 , dun migrante que tencionaba cruzar a Canle da Mancha nunha embarcación “improvisada” para chegar ao Reino Unido. Outras sesenta e seis persoas foron rescatadas.

O  naufraxio, segundo informou a Prefectura Marítima da Canle e do Mar do Norte, producíuse fronte á costa de Hardeliot, preto de Boulougne-sur-Mer.

Sesenta e sete persoas foron rescatadas, algunhas delas con queimaduras e hipotermia, todas elas deixadas no peirao e atendidas. A Prefectura de Pas-de.Calais contabilizou seis feridos.

Na operación de rescate foron empregados dous buques: un patrulleiro e un remolcador, así como un helicóptero da Armada francesa. Outras embarcacións de  migrantes foron  reportadas durante a pasada noite. Un total de 192 persoas foron rescatadas no mar en 24 horas. 

En total, ao menos once migrantes morreron  desde comezos de 2025 tentando chegar a Inglaterra a bordo de precarias embarcacións clandestjnas.  A última morte rexistrada data do 18 de abril.

En 2024, polo menos 75 migrantes morreron no mar nestas perigosas travesías, un récord dende o comezo deste fenómeno en 2018.

E sen embargo, a UE non toma medidas para evitar que se produzan esas morte onde todos coinciden que se trata dunhas zonas fronteirizas da Unión.