Máis de 40 embarcacións de distinto tipo incautadas o xoves polas autoridades israelís integraban a denominada Global Sumud Flotilla que, con axuda humanitaria (alimentos, subministros médicos e outros artigos esenciais) tentaban entregar á poboación palestina de Gaza. Neses barcos viaxaban parlamentarios, avogados e activistas de distintos países, entre eles españois.
A interceptación por Israel deste nutrido grupo de barcos producíuse entre 70 e 80 millas da costa de Gaza, en augas internacionais de libre navegación para todos os buques. Malia esta condición recoñecida internacionalmente, Israel argumenta que ten “un bloqueo marítimo que prohibe a entrada a Gaza de buques estranxeiros”, norma non ratificada por ningún organismo internacional e que, polo tanto e na práctica significa un acto de piratería.
Israel alega tamén que a “flotilla” contaba co apoio de Hamás, o que foi desmentido tallantemente polos organizadores desta acción humanitaria.
Os vontarios denunciaron que firan acusados por drons durante a viaxe en múltiples oportunjdades.
O dereito internacional relativo ás accións dos barcos integrantes da “flotilla” e a capacidade de intervención de Israel é sumamente complexo. O país xudeo impuxo bloqueos a Gaza durante case que 20 anos de diverso xeito, sen que a base xurídica destes e a súa compatibilidade co dereito internacional -en particular co dereito do mar- foi obxecto de controversia, como se evidenciou na investigación da ONU que seguiu ao incidente do Mavi Marmara.
Israel é considerada actualmente unha potencia ocupante de Gaza, en virtude do dereito internacional. As funcións das potencias ocupantes quedaron establecidas no Cuarto Convenio de Xenebra de 1949 e con base nas obrigas legais asumidas polas potencias en Alemaña e Xapón ao remate da II Guerra Mundial. O Convenio de Xenebra sinala un marco xurídico claro para as potencias ocupantes.
Israel foi tanto unha potencia ocupante de jure (recoñecida pola lei) como de facto en Palestina. En 2024, a Corte Internacional de Xustiza dictaminou que a ocupación dos gerritorios palestinos era ilegal, segundo o dereito internacional.
Como potencia ocupante, Israel cntrola todo o acceso a Gaza xa sexa por mar, terra ou aire.
Se antes do vindeiro domingo Hamás non acepta o plan de Donald Trump para Gaza, “vai desatar un inferno”, segundo o propio Trump.
Tocante aos máis de 400 vontarios da Global Sumd Flotilla retidos por Israel o xoves, serán deportados en voos a Londres e Madrid entre os próximos días 6 e 7.

