Tentouno como autor literario e agora coma guía turístico a,bordo dun catamarán percorrendo os mares de Galicia, sobradamente coñecidos para el. Laureano Oubiña, ex-capo da mafia galega que tinguiu de loito moitas familias desta terra percurou unha ousadía que, desta vez, a Xunta non lle permitiu: poñer en marcha a “Ruta do Narcotráfico” polas rías galega para el tan coñecidas.
Foi un invento e un mal negocio que botou abaixo a Inspección de Turismo de Galicia.
Laureano Oubiña, o autor do proxecto, debeu entender que era chegado un outro momento de navegar nas memorias do contrabando de tabaco para, finalmente, embarrancar, na droga. Volve o fillo das ondas das narcolanchas, dixeron. Todo estaba listo para comezar unha nova andaina, desta vez

