GALICIA.- TEMPORAL.- A alerta vermella esténdese mañá a todo o litoral

04/02/2014 - Galiciaé LV / Axencias.- el progreso

Ventos -puntuais- de máis de 140 km/h e cantidades industriais de choiva,  sobre todo na zona occidental da provincia da Coruña.  Eses son os ingredientes da tempestade que esta tarde se cociña en Galicia  e que deixa a máxima alerta na costa da Mariñae de nivel  laranxa no pácticamente o resto da Comunidade.

IO vento sopra esta tarde do sur e do suroeste con intensidade forte ou moi  forte en boa parte de Galicia e o Cantábrico, con refachos que  superan os 100 quilómetros por hora e incluso, de xeito puntual, os  140 quilómetros por hora en puntos do norte na comunidade.


Mentres, a provincia da Coruña, o centro de Lugo e as Rías Baixas permanecerán en alerta laranxa   por vento suroeste e oeste. Os ventos poden chegar a superar os 90   quilómetros no centro da provincia lucense; os cen no suroeste  e  interior da Coruña e os 110 no noroeste e oeste desta  provincia,  mentres que no extremo oeste poderían superarse os 130.

A Comunidade galega, maltreita das últimas xornadas, recibe o golpe dunha nova fronte
(AEP/ A Mariña)
As precipitacións serán ao longo de toda a tarde localmente persistentes en puntos  da Comunidade -como dicimos, especialmente na zona occidental da provincia da Coruña-, onde poden acumularse 50 litros por metro cadrado en 12  horas na segunda metade de mañá.


A cota de neve, pola súa banda, subirá desde os 700 ou 900 metros ata os 1.200 ou 1.500 ao longo deste martes.
Pero o peor de todo, se cabe, é que a odisea parece non ter fin.


Mañá mesmo, a totalidade da costa galega permanecerá mañá en alerta vermella  debido ao temporal, anunciou hoxe a Xunta nun comunicado, no  que prevé ondas de máis de 9 metros de altura e ventos de ao redor de 80  quilómetros por hora.


Ademais, un  informe da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) adianta de que  durante os próximos días o paso  de sucesivas frontes asociadas a profundas borrascas dará lugar a unha  situación meteorolóxica adversa e continuada.  Ventos intensos e forte  ondada nas costas do norte peninsular  e choivas abundantes no noroeste que, como dicimos, serán  xeralizados case toda a semana

.
Asi, a partir do xoves e polo menos ata o principio da próxima semana,  é probable que se repita a situación co paso sucesivo de borrascas  e frontes, que darán lugar a abundantes precipitacións na vertente  atlántica, intervalos de ventos fortes ou moi fortes en áreas de norte,  e mala mar no Atlántico e Cantábrico.


Entre frontes sucesivas haberá períodos de mellorías transitorias con diminución  das precipitacións e da intensidade do vento.
A cota de neve o xoves será relativamente alta, baixando tras o paso de cada fronte ata os 800 e 1.200 metros.

URXENCIAS PIDE PRECAUCIÓN Urxencias de Galicia alerta os municipios das  tres provincias galegas con litoral, as deputacións, a voluntarios de Protección  Civil, clubs náuticos e outros organismos para que estean  preparados ante ese novo episodio de temporal e adopten medidas para  garantir a seguridade de persoas e bens.
Así mesmo, aconsella á poboación tomar medidas de protección como  permanecer afastada de praias, paseos marítimos ou cantís como medida  de precaución.
Ademais, recomenda revisar os amarres de embarcacións, evitar todo  tipo de prácticas deportivas náuticas e en xeral absterse de calquera  tipo de actitude arriscada ante o temporal.

 

Esta fin de semana as inclemencias do tempo volven poñer contra as cordas o litoral galego, que permanece no nivel máximo de risco polos  fenómenos costeiros que deixa o forte vento, mentres o frío volve rebaixar as cotas de neve no interior.