“As eclipses de sol alteran a intensidade do vento, do sol e das choivas”

 

 

 

 

 

 Antón Luaces

13 Xullo 2026

Após máis dun cento de anos, varias xeracións de habitantes de España poderemos contemplar por vez primeira unha eclipse total de Sol: a península Ibérica está a experimentar un inusual período de eclipses solares. A partir do parcial de Sol do ano 2025, van producirse outras dúas eclipses totais de Sol. Será en 2026, nesta semana, e en 2027, amáis dunha eclipse anular de Sol en 2028. 

As eclipses de Sol son un rechamante fenómeno natural que se rexistra con certa periodicidade-Máis a diferenza doutros fenómenos como a sucesión do día e da noite, as fases da Lúa ou as estacións, a súa repetición é algo menos evidente e sempre chamativas para a sociedade.

Aínda que algunhas culturas, como a maia ou a chinesa aprenderon a calcular estes momentos nos que o Sol era “devorado” pola Lúa cunha precisión asombrosa -como informa a Universidade de Vigo- as eclipses só se dan en dous momentos  do ano debido a que a órbita da Lúa está inclinada a respecto da órbita da Terra ao redor do Sol. Iso fai que a “tempada” de eclipses se reduza a determinadas ocasións: os momentos nos que se aliñan o Sol, a Terra e a Lúa (no caso das eclipses solares) ou o Sol, a Terra e a Lúa no caso das lunares. 

Por mor dos tamaños diferentes da Lúa e a Terra, as eclipses totais de Sol poden apreciarse tan só desde unha pequena franxa da Terra, alí onde se proxecta a umbra -a sombra da Lúa- que normalmente e só duns cen quilómetros de ancho. Fóra dese camiño de totalidade, a Lúa proxecta unha penumbra desde a que a eclipse de Sol se pode observar só coma eclipse parcial.

Nos últimos 5.000 anos as eclipses só se observaron aleatoriamente en calquera parte do planeta. De media, cada 360 ou 370 anos hai eclipses en calquera lugar do planeta. Nalgúns sitios poden verse con  maior frecuencia e noutros con menos, como explica Alfred Rosenberg, do Instituto de Astrofísica de Canarias.

Do ata o de agora coñecido pode tirarse unha xeira de conclusións estatísticas sobre a distribución xeográfica das eclipses totais. Por exemplo, que se producen máis eclipses no hemisferio norte, principalmente porque a órbita elíptica da Terra ao redor do Sol está lixeiramente desequilibrada. As eclipses son máis probables  no verán porque o Sol permanece máis tempo no ceo. E como o verán no hemisferio norte ocorre cando a Terra está preto do punto máis afastado do Sol -o apelio- isto fai que o Sol sexa un pouco máis pequeno no ceo e permite á Lúa que o poida cubrir por completo.

As eclipses totais de Sol tardan moito en seren observadas en España.