ANTON LUACES
E tamén o maior sobresalto rexistrado na cidade autónoma de Ceuta no período democrático.
O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska da por pechada a maior crise migratoria en Ceuta após devolver a Marrocos a 70.000 dos 72.000 migrantes que chegaron á cidade autónoma a semana pasada. Esta operación, que contou co respaldo expreso dos ministros do Interior da Unión Europea, axecutóuse cunha combinación de devolucións inmediatas, reforzo policial e novas barreiras físicas na fronteira. Unha execución que tampouco foi apoiada polos partidos da oposición, que culpan do suceso ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
O desenlace desta crise sí contou, sen embargo, co apoio europeo, considerado clave polo propio Grande-Marlaska.
Durante a reunión de ministros do Interior da Unión Europea, celebrada este martes, amosóuse unha “firme solidariedade con España” e o respaldo decisivo para a política migratoria española.
Un cativo de 12 anos que ía ser conducido en Ceuta cara ó paso fronteirizo quedou finalmente na cidade autónoma grazas á intervención dun mando militar que clarexou que os menores estranxeiros nos acompañados -como ao parecer era o caso- non poden ser expulsados nen devoltos de xeito inmediato na fronteira, o que foi determinante para paralizar a acción de devolución fronteiriza.
O rapaz camiñaba a carón dun axente policial e, chorando inconsolablemente . repetía con insistencia “Non, Marrocos non”. Non estaba acompañado por ningún adulto. Estaba só, o que alertou a un mando militar que se fjxo cargo del. O cativo estaba oficialmente protexido pola normativa vixente ao se tratar dun menor non acompañado. O seu traslado foi paralizado por un tenente coronel ao mando da unidade militar despregada na zona, como se poido ver a través da televisión.
Posteriormente un axente da Garda Civil se fixo cargo do rapaz e este quedou a disposición dos servizos de protección, atendido pola Cruz Vermella e trasladado nunha ambulancia de regreso á cidade autónoma.
A organización Save the Children alertou do grave risco de que “centos de nenas, nenos e adolescentes permanezan en situación de desprotección en Ceuta”, ante o aumento de chegadas rexistradas durante os pasados días. Actualmente son uns mil os rapaces que o sistema de protección de Ceuta atende hoxe en día, moi por riba da súa capacidade estrutural, que dispón dun máximo de cen prazas.
É moi probable que queden rapaces que aínda non foron identificados e derivados a centros de recursos, que permanecen en rúas ou en espazos carentes das condicións necesarias para garantir a súa seguridade e benestar.

