Este ano, non. E, case que seguro, o ano próximo tampouco: Donald Trump chorará unha outra vez amargamente a perda do premio Nobel da Paz por segundo ano consecutivo, debido a que as tropas do seu amjgo Netanyahu non deixan de matar nenos palestinos cando viaxaban nun minibús cara a súa casa no barrio gazatí de Zeitún. Entre as 11 vítimas (todas elas membros dunha familia) figuran sete cativos. Todos foron acribillados no día que se cumpriu unha semana do alto o fogo nos ataques israelís á franxa de Gaza. Sete días que dejxan un balanzo de 38 gazatís mortos e 143 feridos.
Membros de Defensa Civil non foron quen de recuperar os corpos de dous dos sete

