Incendio nun arrastreiro galego no Gran Sol

O Barbanza

09 Novembro 2024

O arrastreiro vigués Armaven Tres viviu momentos de tensión a pasada noite do mércores tras declararse un incendio na súa sala de máquinas. A tripulación solicitou axuda de urxencia, e a rápida intervención da garda costeira irlandesa foi clave para extinguir o lume e garantir a seguridade do buque e dos mariñeiros.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, e o Armaven Tres foi remolcado a porto sen maiores incidentes. Este non é o primeiro contratempo do arrastreiro, que xa en 2021 vivira unha situación crítica ao quedar á deriva no Gran Sol despois dun golpe de mar que afectou o seu sistema de navegación.