Dende a súa aprobación no ano 2001 e xa coa segunda revisión do mesmo, Galicia dispón dun Plan Especial de Protección Civil contra os Asolagamentos (INUNGAL) que afecta especialmente a 51 concellos da comunidade autònoma. Estes municípios teñen a obriga de elaborar e redactar o plan municipal para este risco.
Outros 45 concellos galegos están considerados como de “recomendable” utilización do citado plan.
Deste xeito, na província da Coruña son 15 os concellos que teñen a obriga de dispor dun plan, e 22 nos que este se recomenda. No caso da provincia de Lugo son 9 os obrigados e outros 9 os que o teñen recomendado. Na de Ourense, 13 obrigados e 2 recomendados e, na província de Pontevedra, 14 os municipios