Niza, foi punto de encontro cara unha auténtica política exterior sobre o océano, coa participación de 60 xefes de Estado e de Goberno e unha amplísima representación de ONG e organismos internacionais, para consolidar unha auténtica política exterior sobre o océano, ambiciosa, vinculante e coherente cos desafíos do século XXI.
O recén presentado Pacto Europeo polo Océano, impulsado pola presidenta da Comisión Europea Úrsula von der Leyen, “é un bo primeiro paso” aínda que insuficiente de non ir acompañado dunha “arquitectura política que o traduza en accións concretas dentro e fora das fronteiras comunitarias”.
Para von der Leyen a verdadeira novidade do pacto é ter acadado que o océano volva ocupar un lugar central na axenda política europea.

